O Correo da Área de Compostela

Novidades no Entroido e Festa da Filloa da Barcala

  • 12 ene 2023 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Barcala. Dúas das celebracións máis tradicionais do Val de Barcala, a Festa da Filloa da Pedra da Baña e o Entroido de Negreira, chegaránen febreiro con novidades, destacando as orquestras que tocarán na cita nicrariense.

Deste xeito, a cita cos desfiles e bo humor chegará ata Negreira a mediados do vindeiro mes, e nesta edición está prevista unha degustación de filloas, así como a actuación de dúas formacións musicais. Trátase dunha das vilas onde toman máis en serio esta celebración, que adoita alongarse dende o venres previo ao martes de Entroido –que este ano caerá en día 21– ata o luns seguinte, con certames, actuacións e festas para a rapazada e os maiores.

E no que atinxe á exaltación bañesa, vai chegar na súa décimo novena edición os vindeiros días 11 e 12, sábado e domingo tamén de febreiro, prometendo a organización que este ano os produtos van ser “cen por cen ecolóxicos” grazas á colaboración do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, que será quen aporte os mellores ovos, touciño e fariña para preparar o prato . M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.