O Correo da Área de Compostela

Novo cabreo da oposición dubresa ao quedar colgada e sen pleno este xoves

  • 27 oct 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dubra. Os grupos de Anova e PSOE critican o que califican como “desprezo do goberno dubrés á oposición”, despois de cargar contra a demora en pagar as nóminas dos traballadores municipais mentras o executivo local estaba de viaxe. Nesta ocasión, lembran que a primeiros deste mes, “por parte do alcalde de Val do Dubra comunicouse a necesidade de aprazar o pleno ordinario fixado para o día 20 de outubro, por estar ausentes” nese percorrido por Italia o rexedor, os dous tenentes de alcalde e a edil de Servizos Sociais. Segundo os dous partidos citados, o mandatario aseguroulles en conversa “que a data na que se celebraría o pleno ordinario suspendido sería o 27 de outubro” pero, sorpresivamente, “non se convocou e non se produciu ningún tipo de comunicación”, o que consideran “unha ilegalidade”. O.D.V.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.