O Correo da Área de Compostela

O BNG de Brión quere ‘importar’ a conciliación e os comedores amesáns

  • 17 nov 2022 / 22:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O BNG de Brión mantivo un encontro cos militantes do amesán para coñecer de primeira man o modelo de conciliación de que goza o municipio veciño, onde os nacionalistas contan con distintas áreas de responsabilidade. Entre outros aspectos, os edís brioneses Xosé Penas e Tito Souto puideron comprobar o “bo funcionamento dos comedores escolares”.

Precisamente, o modelo de xestión municipal dos comedores foi unha das cuestións que se puxeron sobre a mesa, hai escasas datas, na reunión que o Bloque de Brión mantivo coas catro asociacións de pais e nais do concello.

O candidato nacionalista á alcaldía de Brión, Xosé Penas, salienta que Concellos como Ames teñen un proxecto “elaborado, pactado e traballado” que implica a “todos os axentes implicados”, isto é, ás familias, á comunidade educativa e ao goberno local.

En Ames “concíbese a conciliación como un eixo que vertebra as políticas locais e que abrangue todo o día”, incide Penas. Na súa opinión, o modelo poderíase adaptar “parcialmente” a Brión e mesmo “dar pé a colaboracións mancomunadas”, precisaba.

Todo isto contrasta, segundo o BNG, coa “improvisación constante” de que fai gala o goberno local de Brión en materia de conciliación, “como se está vendo este outono co caos e desorde na xestión das actividades extraescolares municipais”, apuntan, lembrando que apenas un quilómetro separa dúas formas tan distintas de entender “a conciliación”. O.D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.