O Correo da Área de Compostela

O chef Óscar Vidal fará o Caldo de gloria este ano na Casa da Matanza

  • 14 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. A Fundación Rosalía de Castro volve conmemorar o vinte e tres de febreiro, Día de Rosalía, na Casa-Museo logo da pandemia da covid. E o cociñeiro encargado este ano de realizar o Caldo de gloria será Óscar Vidal, chef do asador O Pazo, o primeiro restaurante de Padrón que acada unha estrela Michelin.

Nesta sétima edición, na que se servirá o caldo na propia Casa-Museo (ás 19.00 horas do 23 de febreiro), locais hostaleiros, colexios e mesmo comedores de empresa de todo o país servirán ese día o Caldo de gloria. Trátase dunha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar, no que a poetisa explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Comezou con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.

Vidal colle o testemuño doutros chefs ilustres como Xoanqui Ameixeiras, Lucía Freitas, Pepe Solla, Chef Rivera ou Benigno Campos. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.