O Correo da Área de Compostela

O Club de Lectura pecha o curso cunha excursión

  • 23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. Rematou un novo curso no Club de Lectura da Biblioteca do Milladoiro. Antes de pór fin ás actividades do décimo segundo curso, os e as participantes do Club de lectura participaron nunha excursión na que visitaron a cidade de Pontevedra, o Castelo de Soutomaior e a cidade portuguesa de Valença do Minho. En dita saída participaron 40 persoas. Esta actividade, de balde, está dirixida por persoal do departamento de Bibliotecas, e forma parte dunha serie de accións da concellaría de Cultura para fomentar a lectura na vila. A edil de Cultura e responsable do departamento de Bibliotecas amesá, Natividade González, lembra que “para participar nesta actividade non cómpre ser un experto lector ou lectora, senón que se buscan persoas con inquedanzas culturais e que gocen de intercambiar opinións cos demais”. As reunións realízanse cada quincena, os martes a partir das 21.00 horas adaptándose ás necesidades dos seus integrantes. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.