O Correo da Área de Compostela

O coidado da natureza centrará o Cinema Miúdo

  • 04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. O festival de cinema infantil de Ames avanza na súa vindeira edición, que se celebra os días 24, 25, 26 e 27 de novembro nos auditorios das casas da cultura do Milladoiro e Bertamiráns e xirará arredor da importancia de coidar a natureza. Deste xeito, a quinta edición leva por lema Unha aperta ao planeta e promoverá a conciencia ecolóxica entre os máis pequenos. Poderanse ver curtametraxes como Efecto Dominó, filme francés producido por WWF sobre os incontrolables e devastadores efectos da deforestación; Chimborazo, animación española que presenta as consecuencias do desxeo e enxalza o valor das profesións tradicionais; a animación coreana Piropiro, sobre o encontro dun paxaro de bosque e outro de cidade, gañadora do premio á mellor curtametraxe en festivais de París, Turquía, Xeorxia ou Taiwán, e Migrants, que conta as peripecias de dous osos polares, forzados a migrar debido ao derretemento do polo norte. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.