O Correo da Área de Compostela

O comercio amiense xa pode solicitar as axudas de promoción

O Concello destina nesta convocatoria un total de 30.000 euros ás subvencións

    • 06 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Ames. O Boletín Oficial da Provincia vén de convocar as subvencións para a promoción do comercio no Concello de Ames para o exercicio 2021, logo de que estas axudas foran aprobadas na Xunta de Goberno Local do 23 de setembro. O Concello destina para estas axudas, cunha contía subvencionable de 7.000 euros, un total de 30.000 €.

    As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na sede electrónica. Igualmente poderá presentarse no Rexistro Electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC) ó que se poderá acceder tamén desde a devandita sede electrónica do Concello. O prazo de presentación é de 15 días naturais, contados desde o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia, neste caso, por tanto desde o 6 de outubro de 2021.

    Poderán optar a estas subvencións as asociacións de comerciantes e profesionais de Ames, legalmente constituídas e que na actualidade figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. Subvencionaranse as accións e proxectos destinados á promoción comercial: publicidade, promoción de ventas, animación, celebración de exposicións, congresos e aquelas actividades destinadas á promoción de produtos comercializados polas empresas que desenvolven a súa actividade comercial no concello. Tamén se subvencionarán os gastos de contratación de persoal destinado a promover accións de promoción económica dentro do ámbito dos seus asociados. arca

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.