O Correo da Área de Compostela

O programa [con]sentido rematará co documental ‘Volar’ o 26

Trátase dun filme vasco no que nove mulleres maltratadas ofrecen testemuños

  • 19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A concellaría de Mocidade amesá conclúe o programa [con]sentido coa proxección do documental Volar e cun debate, aproveitando o propio material audiovisual e tamén a efeméride contra o maltrato feminino. Chegará o 26 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, na casa da cultura do Milladoiro, e as entradas, de balde, xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O formato videofórum, que combina a proxección de material audiovisual co debate, busca abordar temas relacionados coa realidade social, cultural, familiar e cotiá das persoas dunha forma distendida e participativa. Este fin é polo que se recorre ao formato audiovisual, que permite facer accesible e visible unha ampla diversidade de identidades persoais, sexuais e de xénero, de relacións afectivas, ou mesmo de formas de manexar as emocións.

Volar, un documental dirixido por Bertha Gaztelumendi e impulsado por Emakunde, o Instituto Vasco da Muller, recolle as testemuñas e os perfís de nove mulleres que sufriron violencia de xénero ao longo da súa vida. As protagonistas pasan unha fin de semana no campo e dialogan, reflexionan e revelan as súas historias e realidades, unidas por un pasado común.

O filme busca mostrar á sociedade as condicións polas que pasan mulleres coma elas, as fases que deben pasar e superar, a loita contra o medo e a superación das que son quen de sobrevivir. Despois da proxección da película, haberá un debate para as persoas asistentes. M. Outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.