O Correo da Área de Compostela

O xeo provoca varias saídas de vía na Baña, entre elas a dun camión cisterna de gasóleo

Outro dos incidentes causou a coalición en cadea de catro coches // Non houbo danos maiores

  • 04 ene 2021 / 12:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago de Compostela. E.P. // A presenza de placas de xeo na AC-406 ao seu paso por Val do Dubra (no límite con Santa Comba á altura da Baña) causou á primeira hora deste luns case unha decena de saídas de vía.

Entre elas, destaca a dun camión cisterna que transportaba 3.000 litros de gasóleo e que finalizou envorcado, así como un incidente que causou a colisión en cadea de catro turismos. En ningún caso houbo que lamentar danos persoais. No resto de accidentes só houbo dous feridos leves que foron trasladados ao Hospital Rosaleda de Santiago de Compostela.

Para prestar apoio aos ocupantes dos vehículos accidentados e realizar labores de regulación de tráfico, até o lugar acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os efectivos de Protección Civil de Val do Dubra e de Santa Comba, unha ambulancia do 061 e os profesionais do servizo de mantemento da vía. Posteriormente prestou o seu servizo un camión quitaneves estendendo sal.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.