O Correo da Área de Compostela

Obradoiro de igualdade dos meniños e meniñas da unitaria de Padrón

  • 22 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PADRÓN. O alumnado da escola unitaria de A Retén, no concello coruñés de Padrón, participou o pasado mércores no obradoiro Na mestura está a igualdade, que o Concello está a levar a cabo nos distintos centros educativos do municipio a través do Centro de Información á Muller (CIM). Indicar que a actividade é unha das iniciativas programadas co gallo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste senso, a concelleira de Igualdade de Padrón, Lorena Couso, explica que “nestes días estamos traballando cos nenos e nenas máis pequenos, cun obradoiro adaptado ás súas idades no que elaboran unha árbore da igualdade e o respecto. Nos próximos días levaremos a cabo outro tipo de talleres para alumnado de maior idade”. As datas dos mesmos coñeceránse nos vindeiros días. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.