O Correo da Área de Compostela

Os Bolechas voltaron ata Santa Comba para darlle pulos ó deporte e vida sa

  • 23 ago 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Xallas. Os Bolechas deportistas volveron convocar á rapazada de Santa Comba nunha actuación na que os personaxes de Pepe Carreiro propuxeron actividades e tamén espectáculos no campo da feira en torno á vida sa.

Os Bolechas intentan, deste xeito, viaxar por toda a xeografía de Galicia para espallar a súa sabedoría e unha chea de ganas de pasalo ben. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que busca fomentar o uso da lingua galega no ámbito deportivo, ao tempo que a práctica deportiva e hábitos de vida saudables coa axuda dunha caravana itinerante.

Con parada en quince concellos, Os Bolechas deportistas diríxese a instruír aos nenos e nenas galegos na importancia de exercitarse e levar unha vida activa valéndose dun teatro de monicreques e outras actividades complementarias, sempre a pé de rúa. O. D. Vilar.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.