O Correo da Área de Compostela

Os ‘corazóns solidarios’ recolleron en Ames máis de 2.100 kilos de tapóns

  • 30 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. Os corazóns solidarios recolleron ao menos uns 2.160 quilos de tapóns de plástico da veciñanza de Ames, dende a súa instalación no mes de xuño na Praza do Concello, en Bertamiráns, e no aparcadoiro da casa da cultura do Milladoiro. Uns 18 sacos de material reciclable foron xa doados a dúas asociacións: A Asociación da Enfermidade de Dent (Asdent) e a Asociación Axuda a Burundi, que o venres recolleu sete sacos de tapóns na antiga nave de obras xunto ao alcalde de Ames, Blas García. O dirixente local animou á veciñanza a seguir contribuíndo a unha labor social e medioambiental, e indicou que dende o goberno local están “abertos a colaborar con todas aquelas asociacións que nolo pidan”. O alcalde destacou a dobre contribución, medioambienal e social, que realiza a veciñanza con estas doazóns. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.