O Correo da Área de Compostela

Os veciños de Trabanca, Padrón, mobilizanse para esixir seguridade

  • 06 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

padrón. A veciñanza do barrio padronés de Trabanca iniciou onte un calendario de mobilizacións para esixir a mellora urxente da seguridade na estrada AC-299 ao seu paso pola zona. Os afectados, que se concentraron entre as 13.30 e as 14.30, e entre as 21.30 e as 22.30 horas, volverán a protestar todos os días da semana ata que o Concello resposte a súas reclamacións. Os veciños piden, entre outras medidas, que se paralice o tráfico ata que se resolva a seguridade. Tanto desde o BNG como desde o PSOE presentaronse sendas mocións no último pleno para pedir solucións a inseguridade deste barrio. Os nacionalistas apostan pola facer peonil o vial e que se reduza a velocidade a 20 Km/h. Os socialistas piden que se coloquen os elementos necesarios para separar fisicamente as zonas por onde transitan o tráfico rodado e os peóns. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.