O Correo da Área de Compostela

Padrón desenvolve unha campaña para esterilizar os felinos da rúa

A finalidade é frear a reprodución sin control dos gatos da man de expertos veterinarios

  • 29 mar 2021 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. Co obxectivo de evitar o nacemento de máis animais na rúa e frear a reprodución descontrolada das colonias felinas, o Concello de Padrón cofinancia unha campaña de esterilización de gatos e gatas da man de profesionais veterinarios. A Asociación Castro, luego existo é a responsable deste proxecto que se executa en colaboración co Centro Veterinario de Padrón. Na última semana, segundo apuntan fontes municipais, esterilizáronse 80 animais, se ben non todos habitan na vila, senón que tamén se achegaron persoas con felinos dende outros puntos da xeografía galega.

O concelleiro de Benestar Animal, Ángel Rodríguez, incidiu “en que nos últimos meses o Executivo está a dar moitos pasos para protexer aos animais do noso municipio”, sinalou. Xa tiveron sesións formativas e de concienciación nos colexios “e nos vindeiros meses tamén financiaremos unha campaña para instalar microchips”, apuntou o edil.

Os veterinarios inciden na necesidade da esterilización para tamén prever problemas de contaxios derivados das pelexas ou outras enfermidades. Esta iniciativa continuará a fin de semana do 2, 3 e 4 de abril. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.