O Correo da Área de Compostela

Padrón deu luz verde cos votos do Partido Popular ó proxecto inicial da RPT

  • 30 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. A Corporación de Padrón deu luz verde o proxecto inicial da Relación de Postos de Traballo (RPT). A proposta saíu adiante cos votos favorables do PP e a abstención dos ediles do PSOE e Compromiso e o voto en contra do BNG. Os responsables do proxecto xa mantiveron cinco encontros cos sindicatos, se ben continuarán negociando nos vindeiros meses. A RPT recibiu o informe favorable tanto da Deputación coma da Secretaría. Haberá 75 postos, incluída a creación de 14 novos: un asesor xurídico, un arquitecto, dous arquitectos técnicos, un administrativo para Tesorería e outro para Urbanismo, un oficial de sección electrónica e novas tecnoloxías, un técnico de administración xeral, un tesoureiro, un encargado-conductor de Obras, un auxiliar administrativo para Cultura, un conserxe, e dous auxiliares para Servizos Sociais. C. G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.