O Correo da Área de Compostela
O xardín estrenou onte a sinalización// Dende o Concello instaláronse cincuenta placas para identificar especies TEXTO S. E.

Padrón guía ao visitante pola arte do seu botánico

  • 16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Facilitar o percorrido do visitante por un enclave artístico e un dos xardíns máis antigos da xeografía española. Ese e o obxectivo do proxecto posto en marcha por Padrón para o seu Xardín Botánico-Artístico que onte estrenou sinalización. O Concello instalou un total de 50 placas ao lado das distintas especies que constitúen este xardín para identificalas.

Nos paneis aparece o nome en galego e o nome científico da planta e ademais inclúese un código QR que conduce á páxina web https://xardinbotanico.padronturi mo.gal/es/.

Nesta dirección os usuarios e usuarias poderán ampliar a información e descargar fichas técnicas das especies. Con estas 50 sinalizacións complétase a primeira fase dun proxecto que seguirá executándose nos vindeiros meses, segundo a información facilitada polo Concello.

A concelleira de Turismo, Lorena

Couso, sinalou que “malia que pola pandemia da COVID tivemos que parar as visitas guiadas a este xardín, o certo é que constitúe un dos principais reclamos de Padrón para turistas, peregrinos e visitantes. Por tanto, dende o executivo seguiremos actualizando e mellorando os recursos deste espazo”.

O equipo do departamento de Turismo fixo un minucioso traballo e elaborou unha extensa guía con todas as especies que dan forma a paisaxe deste enclave único do municipio. O catálogo distingue cinco categorías: especies singulares,especies monumentais, especies conmemorativas, por descubrir e tamén elementos monumentais.

HISTORIA O xardín Botánico-Artístico de Padrón, declarado Ben de Interese Cultural en 1946, é un dos principais reclamos da localidade polo amplío abanico de especies que contén. Ten unha extensión de aproximadamente unha hectárea e preserva preto de 300 especies, algunhas tan singulares como a palmeira de Senegal, a coroa de Cristo, o castaño de Indias, o carballo fastixiado ou a sequoia vermella.

A documentación máis antiga do botánico pertence ao ano 1869, polo que considerase un dos primeiros xardins da xeografía española. A súa orixe remontase ás primeiras décadas do século XIX, e foi construído nunha finca da calzada romana pertencente aos Condes de San Xoán. Creouse seguindo o modelo da época, misturando estilos italiano, inglés e francés.

Na segunda metade do século XX, o xardín padronés degradouse e foi perdendo prominencia na vida cultura cotidiá da cidade. É a partires de 1987 cado comenza o traballo científico no enclave e inicianse ás renovacións e extensións dos equipos e infraestruturas que lle dan o actual aspecto. Así equipado, o xardín alberga os novos espazos públicos, un herbario, un invernadero e novas zonas axardinadas. Ademáis acolle diversoso monumentos, como o busto de Castelao, ou a estatua do trobador galego do século XIV Macías o Nanorado.

Indicar que na actualidade seguen a realizarse nel diversas actividades culturais, como as visitas guiadas que agora, coa nova sinalización, serán máis completas para os futuros grupos ou visita

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.