O Correo da Área de Compostela

Pavillóns amesáns para 1.200 mozos peregrinos

  • 03 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Os pavillóns do IES do Milladoiro e do IES de Ames, así como o municipal da meirande urbe, acollen ata o domingo a 1.200 mozos chegados de Madrid, Badaxoz e Alacante. Os camiñantes forman parte da Peregrinación Europea de Xuventude que vai reunir a 12.000 rapaces de 16 a 35 anos en Santiago. Ademais, ao longo desta semana máis de 5.000 van percorrer o Concello maián para alcanzar a súa meta. Asimesmo, contarán coa colaboración da Policía Local amesá e da Asociación de Voluntarios de Protección Civil nos seus desprazamentos. A iniciativa xacobea inclúe a crentes chegados de toda España, pero tamén de Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Ucraína e Rusia, que percorren durante cinco etapas once rutas distintas da Vía Xubilar para vivir a experiencia de facer o Camiño. Unha vez chegados a Santiago, participarán en distintas actividades cuns actos centrais que van ter lugar esta mesma fin de semana na capital galega. M. Outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.