O Correo da Área de Compostela

Persoal do servizo de axuda no fogar padronés reclama melloras laborais

  • 17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Padrón. O persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Padrón aprobou por unanimidade a plataforma reivindicativa de Comisións Obreiras (CCOO) do Hábitat para lograr melloras tanto económicas como sociais. Desde o sindicato sinalan a importancia de seguir dignificando un servizo que durante a pandemia “demostrou ser esencial, pero que aínda padece unha elevada precariedade”. Desde CCOO sinalan que no sector, por culpa da precariedade, “é cada vez máis difícil atopar persoal cualificado, polo que un paso imprescindible é a dignificación laboral” que propón o citado sindicato.

Explican que no caso de Padrón xa houbo un primeiro avance o 30 de xullo de 2020 “cando se asinou un acordo de melloras sociais” que regula cuestións como a distribución e gozo das vacacións, a bolsa de horas ou o protocolo de ampliación de xornadas, novas contratacións e aumento horario para as xornadas parciais. Este achegamento foi de grande importancia para un sector moi feminizado, xa que o 99 % do persoal do SAF padronés intégrano mulleres, segundo explican desde a central sindal, que engade que abundan as xornadas parciais.

“Precisamente, o acordo de 2020 aumentou a xornada mínima de 25 a 30 horas semanais, o que se traduce nun aumento de máis de cen euros no salario base mensual”, din. Por elo, segundo indican, é importante a plataforma creada para seguir avanzando en melloras. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.