Piden explicacións polo roubo dunha imaxe e a falta de policías en Brión
A Maía. O BNG de Brión pediu explicacións en pleno polo roubo dunha estatua no Pazo do Casal e pola falta de efectivos da Policía Local.
A voceira municipal socialista, Sandy Cebral, contestou que no recente roubo nese histórico inmoble, “a Policía Local chamou á propietaria, que se comprometeu a poñer unha demanda, aínda que a día de hoxe non o fixo. Pero, como xa lle dixemos noutras ocasións, están a falar de patrimonio privado, polo que o Concello non ten competencias aí”. De calquer xeito, Cebral destacou que o seu goberno xa se puso en contacto con Patrimonio da Xunta “para ofrecer a nosa colaboración, e se nos dixo que podiamos inventariar o patrimonio privado no PXOM, algo que xa está feito, pero, ao ser a nivel privado, non podemos facer nada”, suliñaba.
Sobre o tema dos axentes, as dúas prazas sen ocupar forman parte dunha oferta pública de emprego aprobada nestes días, e ata setembro non haberá auxiliares. O. D. V.