O Correo da Área de Compostela

Poderá doarse sangue o luns na rúa Cruxa de Milladoiro

    • 06 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Ames. A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns oito de marzo na localidade de Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá, de 09.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

    Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as unidades móbiles de doazón de sangue extreman estes días os protocolos de seguridade, segundo explican ao respecto dende o Concello.

    Así, ademais de atender a través de cita previa, en cada local de doazón e en cada unidade móbil, o persoal cambia as luvas e limpa as padiolas despois de cada doazón, todo o material que se utiliza é estéril e serve para unha soa vez, e execútase unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección da unidade.

    Cómpre salientar asemade que á saída e á entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con solución desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio. arca

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.