O Correo da Área de Compostela

Preparan a humanización da Avenida Rosalía de Castro en O Milladoiro

  • 01 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. O goberno amesán inicia os trámites para a realización dun proxecto de humanización da avenida de Rosalía de Castro (N-550), no núcleo urbano do Milladoiro. O rexedor, José Miñones, e a arquitecta municipal, reuníronse coa fin de planificar os futuros traballos. Consistirán concretamente na realización de estudos topográficos e de medición da avenida actual, nun tramo de 1,3 quilómetros, desde a rotonda de entrada ao Milladoiro, situada no municipio de Santiago, ata a de saída, no de Teo. Os traballos a realizar durarán tres ou catro semanas e iniciaranse unha vez sexan autorizados polo Ministerio de Fomento. O rexedor sinala “a importancia deste estudo de cara a contar por primeira vez cunha estimación económica do custe que suporá humanizar a avenida de Rosalía de Castro e poder darlle ao Milladoiro un espazo prioritario para o lecer sobre o vehículo”, apunta. Hai que lembrar que a Corporación local quere que esta avenida sexa de titularidade municipal ao igual que acontece coa da Maía (e que xa pasou a ser propiedade do goberno local). Solicitan asemade que Fomento asuma o custe da obra necesaria previa á transferencia desta vía, para posteriormente pasar a ser xestionada polo Concello. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.