O Correo da Área de Compostela

Programa integrado de emprego en Dodro e comarca

  • 10 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dodro. Xa está en marcha o proceso de selección dos participantes no Programa Integrado de Emprego no Concello de Dodro 2021/22, organizado conxuntamente por este municipio cos de Rianxo, Padrón e Rois e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. A iniciativa está dirixida a cen persoas desempregadas dese ámbito territorial, e que estean inscritas como demandantes de emprego na oficina correspondente.

Do mesmo xeito, deben de pertencer a algún dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de trinta anos con baixa cualificación, persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, desempregadas e persoas desempregadas de longa duración.

O obxectivo principal da convocatoria é mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos participantes a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento, formación para o emprego, talleres de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, realización de prácticas non laboráis e fomento do emprendemento.

O programa desenvolverase nos próximos meses e ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do 37 % das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica e téxtil. Os beneficiarios do programa percibirán unha bolsa de 7 € por día por asistencia ás accións do programa. As persoas desempregadas que desexen participar deben de estar dadas de alta na súa oficina de emprego de referencia como demandantes de emprego e interesadas na realización deste tipo de programas.

Tamén se ofrece a posibilidade de solicitar a participación no procedemento de selección directamente no concello de Dodro, departamento de emprego ou chamando ao 981 802 062. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.