O Correo da Área de Compostela

Reclaman máis axudas para as escolas locais de música

  • 25 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A parlamentaria Mercedes Queixas destacou durante a visita ás instalacións da Escola Municipal de Música de Ames, EMMA, o “importante esforzo económico” do Concello co seu impulso e consolidación”, así como a necesidade dun maior apoio por parte da Xunta de Galicia a través dunha liña de subvencións específica como fai a Deputación da Coruña.

Neste senso, o BNG solicita a creación dunha Rede pública de Escolas de Música e Conservatorios que conte con financiamento autonómico para axudar aos concellos e permitir a ampliación do número de horas lectivas para o profesorado. Tamén suliñaron a adaptación ás necesidades do alumnado coa realización de clases non presenciais e a renovación do material con novos instrumentos.

A deputada autonómica reuniuse coas concelleiras de Cultura, Natividade González; de Mocidade, Escarlata Pampín; o de Educación, David Santomil, e membros do consello local. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.