O Correo da Área de Compostela

Remata o programa de emprego Ames-Brión

  • 27 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. O programa integrado de emprego dos concellos de Ames e Brión, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 243.316,35 euros, vén de rematar a edición 2021/2022 “con resultados moi satisfactorios en todos os ámbitos do programa”, apuntan dende o Concello de Ames. E é que na actual edición “á data de finalización do programa, un total de 62 participantes tiveron un ou varios contratos” ao longo do mesmo. No programa, que contou con 100 desempregados, desenvolvéronse catro itinerarios formativos de carácter sectorial, nos que se incluían diferentes cursos: actividades para a infancia e a xuventude, de comercio e atención ao público, xestión e organización do almacén e turismo. Realizáronse 18 propostas formativas do catálogo de especialidades do SEPE e formación con homologacións oficiais como o curso de monitorado de actividades de tempo libre e o de operador de carretilla elevadora (UNE 58451). C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.