O Correo da Área de Compostela

Rematadas as obras de mellora dos camiños de Portanxil e A Condomiña

  • 02 ago 2021 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ames. As obras de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo, na parroquia de Trasmonte e as do camiño que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde, na parroquia de Ortoño, xa están rematadas. Estas intervencións están incluídas dentro do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 con fondos do AGADER 2020-2021. A intervención de mellora do camiño que vai de Portanxil a Carballo tivo un importe de 13.879,33 euros. Mentras que o que vai dende A Condomiña ata a depuradora de Sisalde ascendeu a 16.577 euros. Deste xeito, realizaronse obras tanto de mantemento de vías municipais coma de ampliación dos camiños incidindo na mellora da seguridade viaria. Así pois, estas intervencións únense á recente creación dunha senda peonil que conecta o CEIP Agro do Muíño coa aldea de Sisalde. p. brea

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.