O Correo da Área de Compostela

  • 04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Rois. Os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e de Dodro, Xabier Castro, achegáronse este mércores ata a aldea da Chisca para supervisar o inicio das obras de mellora dos accesos a este núcleo da parroquia de Buxán (Rois).

As actuacións contan cun orzamento de 65.000 euros, financiado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo dentro do programa para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotación, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinados aos concellos de Galicia para o presente ano 2022.

REMATE ESTE MES. As obras execútanse conxuntamente polos concellos de Rois e Dodro, e permitirán tapar as fochancas e botar un rego asfáltico de selado na estrada de acceso á Chisca. A previsión é que estean rematadas este mesmo mes.

O Concello de Rois tramitou a solicitude de axuda á Xunta de Galicia, mentres que o de Dodro encargouse da redacción do proxecto, asumindo entre ambos o custo dos traballos, tal e como explicou Ramón Tojo no pleno celebrado en Rois o pasado mes de xullo e segundo a información facilitada ó respecto polo propio Concello. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.