O Correo da Área de Compostela

Sergude acolle un curso de cultivos propios do inverno

  • 23 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Boqueixón. O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude acollerá un curso sobre Cultivos de inverno na horta ecolóxica do 25 de agosto ata o 29 de setembro. Desenvolverase os mércores e xoves de 16.00 a 20.00 horas, nas instalacións da CFEA Sergude. Esta iniciativa de formación, na que colabora o Concello boqueixanés, está incluída no Plan de Formación ao Agro Galego 2021 e é gratuíta. Os interesados en participar deberán cumprimentar o documento, que se pode descargar na web boqueixon.gal e presentalo por rexistro electrónico ou ben de maneira presencial. Para máis información pódese chamar ao teléfono 881 867 331. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.