O Correo da Área de Compostela

Sete novos amesáns prepáranse para obter o informe de integración da Xunta

  • 17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O Concello de Ames volve a participar no curso para a obtención do informe de esforzo de integración da Xunta, un documento valorado positivamente á hora de renovar unha autorización de residencia temporal. A formación é de balde e realízase en liña do 14 ao 20 de marzo, sumando as 20 horas solicitadas pola comunidade autónoma para o informe.

No programa, desenvolvido por Médicos do Mundo Galicia e financiado pola Consellería de Política Social, participan sete amesáns. O informe de esforzo de integración é un documento emitido polas comunidades autónomas, que poden solicitar as persoas que desexen renovar a súa autorización de residencia temporal en España e que leven dous anos empadroadas en algún concello. Este informe pode empregarse no caso de non cumprir algún requisito para a citada renovación, xa que é valorado de xeito positivo.

Para a emisión deste documento requírense 40 horas de formación, das que 20 deben conter certos módulos obrigatorios, impartidos neste curso. Os temas son o coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, a autonomía de Galicia, os dereitos humanos, a tolerancia ou a igualdade de xénero, entre outros. Unha vez completadas as 20 horas, as persoas solicitantes deben acreditar outras tantas a través de diferentes cursos que teñan realizado. O curso tamén é útil para o arraigo social, para preparar exames de obtención de nacionalidade. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.