O Correo da Área de Compostela

Socialistas de Teo lamentan o trato e o PP pídelles feitos para humanizar Luou

  • 05 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Teo. Poucas veces dúas visións discreparon tanto a pesar de ter a mesma fonte, o rexedor de Teo, e tema, a humanización de Luou. Por unha banda, os socialistas, que se queixan do trato a súa voceira, Uxía Lemus, e lembran (dende hai anos) que si que está prevista esa reforma urbanística. Por outro, o PP, que di que o que hai é un borrador sen aprobar nin consignar pola Deputación e, por riba, aínda en Patrimonio.

Así as cousas, o PSOE afirma que no pleno do 30 de marzo, o rexedor comentou que o anteproxecto da humanización da zona da Igrexa de Luou estaba na Dirección Xeral de Patrimonio desde hai catro meses, e que dita humanización “conta cun compromiso de financiamento da Deputación tras unha reunión”. Ademais, láianse de que se atacase a Lemus chamándolle mentirosa mentras pasa a enfermidade da covid.

Pero os populares, en boca do seu portavoz José Manuel Guerra, non pensan igual: “Agora xa temos constatado que Uxía Lemus mantivo enganados durante os últimos dous anos a todos os grupos políticos da Corporación e, o que é máis grave, a todos os veciños de Teo”, apuntan despois de que pediran actuacións ante as queixas reiteradas dos veciños. Estes son, precisamente, os únicos afectados de verdade. O.D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.