O Correo da Área de Compostela

Solicitan á Xunta datos do transporte porque o tripartito dubrés ‘pasa’

Dende o PSOE queren coñecer os horarios e que se divulguen nas paradas e por internet

  • 24 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Val do Dubra. O PSOE de Val do Dubra remitiu unha solicitude por escrito á Dirección xeral de Mobilidade para esixir que “a nova operadora encargada do transporte metropolitano publique os horarios das liñas que pasan polo municipio”. E tomaron esta decisión, aseguran, ante a aparente falla de interese do tripartito local que goberna.

“Queremos que se informe á maior brevidade dos horarios do servizo de transporte metropolitano que transcorre por Val do Dubra, tanto na web da empresa ou na propia web do transporte metropolitano, e que se proceda á colocación dos horarios de paso das liñas de autobús nas marquesiñas ou puntos de parada, para asegurar a debida información sobre o funcionamento do servizo”, explica Diego Luis Díaz, portavoz socialista en Val do Dubra.

Segundo trasladaban os responsables do PSOE valdubrés, víronse obrigados a tomar esta decisión “ante o pasotismo do concello; dende setembro, que presta servizos unha nova operadora, é imposible consultar os horarios das liñas, pese a que o goberno municipal, no pleno celebrado o día 15 de outubro, asegurou que traballarían en difundir dita información”. Rematan lembrando que estes datos son vitais para moitos usuarios do bus. o.d. vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.