O Correo da Área de Compostela

Tapia e as piscinas xa abriron ao baño

  • 15 jun 2022 / 15:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O período estival xa chegou a Ames, onde este mércores abría a tempada de baño nas piscinas descubertas municipais e na praia fluvial de Tapia. O horario nas instalacións do Milladoiro e Bertamiráns irá de 11.00 a 21.00 horas, de luns a domingo, mentres que o de Tapia, a carón do Tambre, alongarase entre as 15.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos de 11.00 a 21.00 horas.

Nestes lapsos temporais haberá servizo de socorrismo, pero tamén estase a contar con seis vixiantes (dous por cada instalación). Estas persoas son as encargadas de limpar as piscinas descubertas, controlar a entrada a estes espazos e de manter a orde dentro dos recintos, e cada unha destas áreas de baño ten asignados dous vixiantes, que desenvolverán as tarefas por quendas (sempre haberá unha persoa traballando para mirar pola normalidade). Antes da apertura, realizaron traballos de acondicionamento e mellora de todas as instalacións. M. Outeiro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.