O Correo da Área de Compostela

Transgalaica, o circuíto de ciclismo, volve este domingo

  • 08 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Tras un ano de parón por mor da pandemia, Ames volve acoller a segunda etapa do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2022 este domingo 13 de marzo. Será a sexta ocasión na que o concello celebre esta cita, unha das máis importantes do ciclismo no noroeste español.

A proba esta organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, coa colaboración do Concello de Ames.

A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 09.30 horas, onde comezará un circuíto de 33 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces. As inscricións están abertas ata este mércores ás 23.59 horas, accedendo á páxina web magmasports.es.

O circuíto de bicicleta de montaña Transgalaica pasa un ano máis por Ames, na que é xa a sexta cita consecutiva sen contar o parón de 2021 por mor da situación sanitaria. A proba, que terá lugar o domingo 13 de marzo, é a segunda das 5 que conforman o calendario da Transgalaica 2022. A primeira etapa tivo lugar o 27 de febreiro en Cerdedo-Cotobade, mentres que as tres seguintes disputaranse ao longo de marzo e abril na Estrada, en Silleda e en Manzaneda. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.