O Correo da Área de Compostela

Trasladan a atención do centro de saúde de Pontevea a Cacheiras por obras

  • 19 oct 2022 / 16:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Teo. O Sergas vén de comunicar ao Concello de Teo que nas vindeiras dúas semanas a atención sanitaria do consultorio de Pontevea vaise trasladar ao centro de saúde da localidade de Cacheiras.

Dende os servizos técnicos municipais dan por boa a necesidade de acometer unha obra no edificio de Pontevea que fai inviable continuar coa actividade asistencial alí neste momento. E, ao fío, na mañá deste mércores visitaron o inmoble técnicos da Administración autonómica con representantes municipais.

A decisión temporal, adoptada polo Sergas, é que durante as próximas dúas semanas a atención sanitaria que se presta en Reis se faga en Cacheiras, co persoal do dispensario de Pontevea. A obra que hai que realizar no dispensario desta localidade, moi próxima ao límite provincial con Pontevedra, é de bastante envergadura, polo que a previsión é que non se poida atender alí cando menos “durante meses”, divulgan. E dende a Xunta de Galicia están en comunicación co Concello teense para ver onde se fará a atención sanitaria aos doentes dese cupo durante este tempo sen determinar.

Hai que lembrar que as condicións de acceso a este consultorio foron melloradas coa instalación dun semáforo, de xeito que os usuarios e familiares que deixan o coche no aparcadoiro poden cruzar a estrada AC-841 sen perigo. As instalacións sanitarias, de calquer xeito, precisan de urxentes intervencións pola antigüidade do inmoble onde aínda se empraza. O.D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.