O Correo da Área de Compostela

Trasladan en helicóptero a un ciclista atropelado por un vehículo en Arzúa

  • 29 may 2022 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un ciclista tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago despois de ser atropelado por un vehículo en Arzúa. Sucedeu ás dúas deste mediodía. Foi a esa hora cando un particular alertou ao 112 Galicia. Informaba dun atropelo a un ciclista, entre o punto quilométrico 56-57 da N-547, ao seu paso por Arzúa. Tamén case á mesma hora, o persoal sanitario informaba do mesmo accidente ao 112 Galicia e comunicaban a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara o lugar.

Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Con todo, unha vez tomou terra a aeronave no mesmo lugar dos feitos, o persoal sanitario confirmou ao 112 Galicia o traslado do paciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.