O Correo da Área de Compostela

Trazo defende a igualdade de xénero con vídeos de historias femininas e a través de espectáculos

A primeira obra terá lugar o sábado 17 da man de Paco Nogueiras, que presenta ‘Brinca vai’

    Cargando reproductor ...
  • 07 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este luns celébrase o Día da Muller, e o Concello de Trazo quixo facer que as mulleres estean máis presentes que nunca a través das súas historias, que se mostran nunha serie de vídeos de relatos en primeira persoa. Ademais, quixo unirse á conmemoración desta cita organizando tres espectáculos que teñen como trasfondo a loita contra a violencia de xénero. O primeiro terá lugar o día 17, ás 11.30 horas no centro social polivalente. Teatro dos Ghazafelhos presentará Iriña bailarina; unha obra dirixida a un público familiar que convida a reflexionar sobre a igualdade, o cambio de roles ou acerca dos estereotipos sociais.

A seguinte proposta está prevista para o mércores 17 ás 10.15 horas no Punto de Atención á Infancia. Paco Nogueiras presenta Brinca vai! De aquí a acolá. Está baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. É toda unha viaxe cargada de humor, baile e cancións.

A derradeira actividade para conmemorar o 8 M está programada para o sábado 27 tamén no centro social polivalente. Trátase do espectáculo Feo, de Caramuxo Teatro. Esta obra está inspirada no Patito feo de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de patiños de goma de Il Papero Guiallo produce todos os días centos e centos de patiños domesmo tamaño e cor, pero un día sae un patiño de goma diferente.

En todos os espectáculos as prazas serán limitadas por motivos de seguridade polo que é preciso anotarse previamente no teléfono 981 689001. Só poderá acudir un adulto acompañando a cada neno ou ben un por familia.

Cargando reproductor ...
Cargando reproductor ...
Cargando reproductor ...
Cargando reproductor ...
Cargando reproductor ...
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.