O Correo da Área de Compostela

Vaise mellorar o illamento térmico da escola O Bosque

  • 18 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a maía. A xunta de goberno amesá aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado e tramitación ordinaria, das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola O Bosque de Bertamiráns.

As obras ascenden a un total de 78.920 euros e vanse financiar conxuntamente entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames. Pola súa banda, a concellería de Educación está a traballar para mellorar o edificio desa escola infantil municipal, cun proxecto que permitirá mellorar unhas instalacións que contan con tres aulas destinadas a nenos e nenas de 1 a 2 anos e que dan servizo a uns 39 usuarios. A iniciativa inclúe a mellora térmica da cuberta e fachadas dos módulos da parte traseira da escola, para evitar posibles filtracións de auga, e a mellora das condicións térmicas das instalacións. Ademais, acadarase unha maior eficiencia enerxética. m. outeiro

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.