O Correo da Área de Compostela

Vedra anima a participar nunha iniciativa de voluntariado pioneira

Está dirixida a mozos de 16 a 35 anos e a maiores de 55 e será impulsada pola Xunta

  • 17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vedra. O Concello de Vedra anima aos mozos e mozas de entre 16 e 35 anos e aos maires de 55 a participar no programa de voluntariado interxeracional do medio rural. Trátase dunha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta que se realiza por parellas (un mozo e unha persoa maior) e que ten como obxectivo pór en valor a aportación das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da comunidade”, promover accións interxeracionais que fomenten as relacións entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos. Tamén busca crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor ao concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.

O programa consta de tres liñas de acción: unha turística, que trata de dar a coñecer o municipio e a súa riqueza a nivel cultural, patrimonial e histórico. Tamén unha agroalimentaria, para ensalzar o saber popular e manter as tradicións no sector agroalimentario. Por último, unha liña de cohesión tecnolóxica e dixital para fomentar as novas tecnoloxías entre as persoas maiores.

Dende o goberno local informan de que todos os voluntarios e voluntarias contarán con formación, seguro de R.C. e de accidentes , gastos de desprazamento e manunteción cubertos, e certificación da experiencia.

Os interesados en anotarse ou recibir información teñen que chamar ao 981 814 695/91 ou escribir a voluntariado@concellodevedra.gal. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.