O Correo da Área de Compostela

Vedra aproveita o Nadal para acondicionar os centros escolares da vila

  • 06 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

VEDRA. Durante esta tempada de Nadal, e polo tanto de vacacións escolares, o Concello de Vedra está a aproveitar o descanso dos nenos e nenas para executar unha serie de traballos de mantemento nos centros educativos da vila. E é que, a pesar da crise sanitaria e do parón que o mundo está a vivir en boa parte dos sectores, o goberno local continúa cos proxectos de mellora. Por un lado, estase a colocar un falso teito no ximnasio do CEIP Ortigueira de Santa

Cruz de Ribadulla, unha execución para a que se destinarán 5.831,30 euros. Por outro, estase a instalar tarima flotante nunha aula da escola infantil da unitaria

de San Fins pertencente ao CRA Neira Vilas Boqueixón-Vedra. Neste caso o importe total da obra é de 2.395,80 €. Ambos proxectos están a ser executados por empresas locais e con fondos propios. Por certo que dende o goberno local lembran que aínda se poden buscar as estrelas, que están agochadas en cada parroquia, e conseguir así a estrelana. Trátase dunha novidosa iniciativa que baixo o título Camiño das estrelas trata de simular a ruta que percorreron os Reis Magos para chegar a Belén. Son xa moitas as familias que participaron e que enviaron fotografías cos astros. Poden verse nas redes municipais. a. p.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.