O Correo da Área de Compostela

Vedra escolle o 2021 para a posta en valor da estación

  • 08 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Vedra trata de pór en valor este ano a antiga estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla, e é por iso que quixo lembrar que a vila conta “cunha das últimas unidades da serie 593 de Renfe”. Segundo fontes municipais, é “unha parte da historia do ferrocarril en España”. Foi a Asociación de Amigos do Ferrocarril a que avisou hai anos da existencia destes vagóns nunha vía morta de Monforte de Lemos. Hoxe, indica o Concello “é case seguro a última serie que queda e a única en bo estado”.

A pesar de que o vagón é, en verbas do concelleiro de Emprego, Jose Caldelas, “o emblema da estación”, está conformada tamén por outro edificio e pola nave. “Este ano imos tratar de finalizar o coworking no vagón. A nosa idea é que dous ou tres autónomos se asenten neste espazo”, indica o edil. Tamén teñen como obxectivo facer un curso (incubadora e aceleradora de empresas a nivel comarcal) no que tratarán de ensinar aos futuros empresarios a pór en marcha os seus proxectos e tamén darán asesoramento aos negocios que non acaban de saír a flote.

No caso da nave, comenta Jose Caldelas, “é un espazo aberto que hoxe se usa para facer actividades culturais, pero queremos que forme parte tamén da área empresarial. Sería moi útil como zona de exposición”, comenta.

Actualmente, o edificio do espazo ferroviario está completamente rehabilitado, ao vagón “fáltanlle algúns arranxos” e na nave é na que se van centrar os traballos este 2021. A estación de tren vedresa leva 20 anos sen funcionar como tal, pero aínda se usa para carga e descarga, xa que conta cun almacén de madeira. A pesar de que o 593 leva anos sendo un lugar no que se organizan mostras e actividades, o Concello pon o foco neste 2021 para revalorizar a estación como se merece. “O arquitecto, Fermín Blanco, quere que volva ser un sitio de reunión”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.