O Correo da Área de Compostela

Vedra pon en marcha as actividades dirixidas aos maiores da vila

Estanse a desenvolver clases de estimulación terapéutica, ximnasia e obradoiros de memoria

  • 13 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vedra. A pesar das dificultades que estamos a ter para facer vida normal por mor da pandemia, o Concello de Vedra non quixo deixar aos maiores da vila sen as actividades de cada ano, especialmente sen as máis necesarias, como aquelas que tratan de previr o deterioro cognitivo e as de mantemento das capacidades físicas.

En concreto, as propostas municipais son un servizo de estimulación terapéutica para persoas con Alzheimer e outras demencias (impártese de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas); e ximnasia para maiores (luns e mércores, de 18.00 a 19.00 e de 19.15 a 20.15). Por último, tamén se está a desenvolver un obradoiro de memoria (os xoves de 17.00 a 18.30 e de 18.45 a 20.15). Por suposto, según sinalan dende o Concello, todas as actividades contan con protocolo anticovid.

Por certo que dende o goberno local tamén anuncian clases teatrais para nenos. En concreto, a Asociación Cultural Papaventos, en colaboración coa Deputación e o Concello, ofrece estos talleres na casa da cultura da Cruxa, en San Xián de Sales. Arrancaron esta fin de semana e as inscricións poderán facerse a través do enderezo ac_papaventos@yahoo.es. A. P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.