O Correo da Área de Compostela

Voa a frecuencia das 13.15 no autobús de Portomouro

  • 28 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Blas García, alcalde de Ames; a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo edil do Rural, Santiago Márquez, participaron nunha xuntanza coas asociacións de Ames, Piñeiro, Tapia, Covas, Pedra do Fuso e das Tres Aldeas para abordar as incidencias detectadas no servizo de transporte metropolitano e tratar de buscar solucións neste eido con Mobilidade da Xunta.

Dende as entidades trasladaron o seu malestar pola desaparición da frecuencia de autobús das 13.15 horas da liña Portomouro-Santiago, xa que esta é a máis empregada pola veciñanza destas parroquias citadas. Tamén dixeron que ultimamente a máquina de cobro de billetes non funciona, segundo lles informan os condutores, e non aceptan o pago en efectivo. Así non queda constancia do número de usuarios, o que pode provocar que a concesionaria quite algunha frecuencia por falta de viaxeiros.

Por último, aseguran que nos horarios desta liña están a sufrir alteracións excesivas, o que fai que repercute en que veciñanza non chegue a tempo aos seus traballos, centros de estudios, visitas médicas, entre outras.

Dende o tripartito apoian a toda a veciñanza afectada “xa que dende a entrada en funcionamento, o pasado 23 de decembro de 2020, da nova concesión, o servizo do transporte metropolitano é cada vez máis precario”, criticaban onte. O.D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.