O Correo da Área de Compostela

Volve a formación en defensa persoal para que as amesás repelan agresións

  • 27 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. O pavillón municipal da capital amesá acollerá un obradoiro de defensa persoal feminina, despois de ter acollido talleres similares nos últimos meses tanto no Milladoiro como en Bertamiráns.

O curso, que se celebrará o próximo domingo 8 de maio organizado pola concellería de Deportes, desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas. A proposta é de balde e conta con 50 prazas, para as que cómpre inscribirse, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada por email (deportes@concellodeames.gal).

Trátase dun tema que nos últimos meses está a ter unha recepción positiva por parte da veciñanza. Neste senso, Bertamiráns acolleu en outubro un seminario de tres horas similar, mentres en febreiro celebrouse no Milladoiro o curso anual de defensa persoal da Deputación da Coruña, ao que asistiron preto de corenta veciñas.

No seminario, que inclúe catro horas de información, poderán participar aquelas mulleres e adolescentes a partir dos 16 anos, ata cubrir un máximo de 50 prazas. No caso das persoas menores de idade, deberán asistir ao taller acompañadas dunha persoa adulta. Para realizar a actividade, recoméndase asistir con pantalón deportivo e camiseta, roupa cómoda e se fora posible, evitando cremalleiras. Cada persoa deberá levar a súa propia esteira. Na proposta, a concellería de Deportes colabora coa Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei. As menores de idade terán que engadir na ficha os datos do titor legal. M.M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.