O Correo da Área de Compostela

Volven a petar na porta dos amesáns para doar sangue o xoves e venres

  • 09 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres, 11 e 12 de novembro, en Bertamiráns (na avenida da Maía, xusto diante da praza). En concreto, o xoves estacionará na avenida principal, diante da praza da Maía, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas, mentras que o vindeiro venres 12 o horario será de mañá, concretamente entre as 09.30 e 14.30 horas.

Dende a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos lembran, do mesmo xeito, que por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. Na situación actual, na que necesariamente hai que gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia, evitando esperas. m. m.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.