O Correo da Área de Compostela

Volven da man de Amabul os campamentos polo Nadal

Desenvolveranse tanto na contorna natural vedresa como na Casa das Artes de San Fins

  • 23 nov 2022 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vedra. A Asociación medioambiental Amabul, de Vedra, presenta un ano máis a súa Escola Ambiental de Nadal. Trátase dunha actividade que está dirixida a público benxamín, infantil e xuvenil, e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.

Concretamente, a entidade desenvolve tres campamentos: un Benxamín para nenos e nenas nados entre os anos 2016 e 2018, outro Infantil para a rapazada nada entre o 2009 e 2015 e un último Xuvenil, para mozos e mozas nados antes do 2009.

Estas actividades desenvolveranse entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas. As propostas terán lugar na Casa das Artes de San Fins de Sales e por diferentes espazos naturais da contorna, segundo indican dende Amabul.

Como é habitual, a asociación desenvolve unha pedagoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna para que os mozos e mozas conecten coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven. Así, entre as distintas actividades haberá xogos e xincanas ambientais, saídas de campo e obradoiros de mellora do medio, entre outras. Os e as que desexen participar teñen que anotarse enchendo o formulario que se pode atopar na web da asociación: amabul.org. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.