O Correo da Área de Compostela

XEA leva o seu magosto con música e taller de batucada ata Milladoiro

A patronal repartirá 50 quilos de castañas e a Banda de Nash tocará clásicos do pop-rock

  • 05 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. A praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, acollerá este venres un magosto organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), que dará comezo ás 17.00 horas cun taller de batucada e proseguirá ás 18.30 cun concerto da Banda de Nash. Ao longo da tarde vanse repartir tamén 50 quilos de castañas asadas entre os asistentes. E o Concello de Ames, a través da concellería de Promoción Económica, colabora neste primeiro magosto.

Ese obradoiro de batucada pensouse para que a rapazada amesá aprenda a tocar surdos, caixas ou repiniques. O taller culminará cun desfile do grupo A Percutería pola Praza de Manuel Murguía. E, a continuación, a Banda de Nash vai animar aos asistentes coas súas versións do mellor pop-rock nacional e internacional. Os asistentes poderán bailar e cantar temas de The Beatles, The Polices ou dos Rolling Stones mentres saborean as castañas asadas que ao longo de toda a tarde vai preparar un castañeiro na súa locomotora, un saboroso froito de outono que repartirán entre todas as persoas que queiran asistir.

O presidente de XEA, Jorge López”, quixo “animar a toda a veciñanza a participar no magosto” e “a gozar do ambiente festivo”. Pola súa banda, Ana Paz manifestou que “dende a concellería de Promoción Económica colaboramos con todas as iniciativas que favorezan a dinamización das nosas rúas”. E engadiu que “agradezo a XEA todo o traballo que está facendo para potenciar e promocionar o comercio local”. m. o.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.