O Correo de A Costa da Morte

Abren na India unha escola que contou co apoio económico de Camariñas

O Concello colaborou na construción tras adquirir dúas obras da artista Amparo Sard

  • 08 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Camariñas. O Concello de Camariñas colaborou na construción dunha escola na rexión de Anantapur, na India, que xa é unha realidade. O centro educativo xa está en funcionamento e, para a súa creación, contou co financiamento de diferentes entidades que canalizaron este apoio a través da Fundación Vicente Ferrer.

O goberno local de Camariñas decidiu, no ano 2021, adquirir dúas obras da artista Amparo Sard, que nese momento expoñía a súa colección La inercia de los escombros no Museo Man de Camelle, e doou o importe á Fundación Vicente Ferrer para financiar a construción da referida escola.

Esta compra xestionouse a través do proxecto Matatasombras, co que a Fundación, a través da arte, levou a cabo un proxecto de construción de escolas na India, e esta é a sexta que se pon en marcha.

Segundo explica o comisario de arte do proxecto Matasombras, Antonio Torres, as escolas constrúense “en zonas rurales donde no hai centros educativos, con el objetivo de ayudar, a través de la educación, a cambiar determinados hábitos sociales instaurados allí, como puede ser el que dice que las clases bajas no pueden salir a la calle durante el día porque hasta su sombra es impura y no pueden tocar a nadie”.

Por outra banda, o Concello de Camariñas presentará o venres, día 11 ás 16.30 horas, na Casa de Pedra, un curso gratuíto de competencias dixitais que estará dirixido a mulleres que están en situación de desemprego. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.