O Correo de A Costa da Morte

Acordo con Rede Aberta para estender a fibra a todo o municipio de Cee

Os primeiros traballos centraranse no centro urbano e nos núcleos de O Son, Lagarteira, Pallares, Escabanas, Xallas, Raíces, A Granxa e Armada

  • 17 jun 2021 / 19:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Cee acadou o compromiso da empresa de telecomunicacións Rede Aberta para comezar de xeito inminente co despregamento da fibra, cunha primeira fase que se prevé que remate cara as navidades, e que afectará a toda a parroquia ceense (O Son, Lagarteira, Pallares, Escabanas, Xallas, Raíces, A Granxa, Armada, e todo o centro urbano de Cee), estendéndose cara Brens e Pereiriña.

A alcaldesa, Margarita Lamela, reuniuse con membros do equipo técnico da referida empresa, que xa presentou o plan de despregamento. Asegura que, dende o Concello “levabase moito tempo na procura dunha solución para dotar deste servizo a todas as parroquias e lugares. A idea é seguir coas actuacións para poder chegar de forma progresiva a tódolos núcleos”.

Igualmente están aprobados polo concello o plan de despregamento para Gures e Ameixenda, e polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico os de Canosa, Vilanova, San Xosé, Codesos, Tedín, Porcar, Fadibón e tres zonas do núcleo de Cee.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.