O Correo de A Costa da Morte

Afiprodel pon en marcha o proxecto Ciencia no Camiño

Farao de xeito virtual o xoves a partir das 10.30 horas

  • 16 mar 2021 / 20:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel), en colaboración co Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) e a Fundación Uxío Novoneyra, organizan o proxecto ‘Ciencia no Camiño: A divulgación científica como unha oportunidade no desenvolvemento rururbano dos territorios xacobeos’, financiado polo programa O Teu Xacobeo. A sesión de lanzamento terá lugar de forma virtual o xoves, día 18 ás 10.30 horas..

Comezará coa presentación ás autoridades de Ciencia no Camiño, a cargo de Dolores Pena, presidenta de Afiprodel, e de Uxío Novo, da fundación Uxío Novoneyra. Despois celebrarase o primeiro grupo de discusión, no que intervirán Lourdes G. Sotelo, profesora do CPI Uxío Novoneyra do Courel; Manuel Vicente, divulgador científico e responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega e a USC; Martín López Nores, enxeñeiro e tecnólogo implicado en proxectos científico-humanistas e científico-turísticos.

Os interesados en participar deben confirmar asistencia a través de afiprodel.org@gmail.com. O link para entrar á reunión é http://ir.gl/cienciadirecto.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.