O Correo de A Costa da Morte

Alfonso IX e a dama italiana volven ó porto de Camariñas

  • 27 ago 2021 / 19:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Camariñas. A vila camariñana viaxará o día 4 de setembro ao pasado para rememorar dúas visitas históricas: a do rei Alfonso IX en 1228 e a da dama italiana que, segundo a lenda, ensinou a palillar ás mulleres de Camariñas.

Será no marco do programa O Encaixe no Camiño, que promove, un ano máis, a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, co patrocinio da Deputación da Coruña.

Os actos comezarán ás 11.00 horas coa saída da comitiva dende a Casa de Pedra cara o porto para recibir ao rei, que desembarcará ás 11.30 horas. De seguido recrearase a camiñata que fixo no seu día o monarca ata Cereixo (Vimianzo) facendo paradas e representacións teatrais en Xaviña e Cereixo.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, será a dama italiana quen desembarque no porto camariñán. Un momento que será teatralizado. Para conmemorar tales feitos, a vila de Camariñas engalanarase de época e nas súas rúas soarán as notas musicais dos grupos Vaiche Boa e Con todo en Banda.

As persoas interesadas en participar na andaina histórica deberán inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 662 488 253. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.