O Correo de A Costa da Morte

Andaina con fins solidarios para a loita contra a ataxia en Camariñas

Terá lugar o domingo, día 25, e os fondos que se recaden serán para unha investigación

  • 21 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Camariñas. Coincidindo ca celebración do Día Internacional da Ataxia, o vindeiro domingo, día 25 de setembro, celebrarase en Camariñas unha andaina solidaria.

Consistirá nun roteiro circular duns catro quilómetros e os participantes sairán do paseo fluvial da Ponte do Porto ás dez da mañá.

Trátase dunha camiñata “moi especial”, segundo sinala Damián Álvarez, coorganizador da iniciativa. O obxectivo é apoiar a investigación do doutor Antoni Matilla para impulsar tratamentos terapéuticos efectivos que permitan curar esta rara enfermidade, que ten na Costa da Morte a un gran número de afectados.

Todos os cartos recadados serán doados a STOP FA, asociación sen ánimo de lucro que forma parte da FEDAES (Federación de Ataxias de España). As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través do enderezo electrónico https://www.inscribirme.com/andainapolaataxia. O custo é de 5 euros.

Ao remate da andaina, os participantes serán convidados a unha degustación de pinchos e bebidas de balde, e poderán desfrutar tamén da actuación musical do dúo En clave de ti. Para os máis pequenos haberá inchables. A iniciativa foi organizada polo Concello de Camariñas co apoio de Gubem Events. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.